Це відео не доступне.
Перепрошуємо.

Musicreques. Contacontos Musicais

Поділитися
Вставка
  • Опубліковано 21 лют 2019
  • Os Contacontos Musicais de Musicreques é un espectáculo no que se mestura a narración oral coa música en directo ao piano, así como tamén outros efectos sonoros realizados con instrumentos de pequena percusión, cancións, rimas, monicreques e ilustracións. Todo elo pensado para que os rapaces poidan participar activamente do espectáculo.
    Os contos, orixinais da compañía Musicreques, están escritos por Loreto Pérez e ilustrados por Alma Cendán,
    Hai dúas versións do Contacontos Musical, unha para bebés e otra para nenos de 3 a 10 anos.
    Algún dos contos que se poden escoitar no Contacontos Musical son:
    • A chicharra Dora é unha chicharra cantora, gústalle moito cantar e pasa así os días sen parar…
    • O caracol viaxeiro. Nun fermoso xardín vivía un caracol que pasaba todo o día cos seus cornos ao sol…
    • A lanchiña do flamenco. Un día choveu tanto na selva que só un dos animais estaba contento: o flamenco rosa…
    • A galiña Carmiña vai poñer un ovo mais o raposo Sinforoso anda a rondar o niño…
    • A tola de Lola. Todo o mundo quere moito á vaca Lola, aínda que está moi, moi tola…
    • Pío e Pía son dous paxariños que peteiran, saltan e viaxan voando de aquí para alá.
    Se queres máis información podes visitar as nosas páxinas
    / musicreques
    musicreques.blogspot.com

КОМЕНТАРІ •