Musicreques
Musicreques
  • 23
  • 53 447
A canción de Lola
A vaca Lola non sabe bruar e precisa a nosa axuda. Imos cantar e bailar ata que poda decir Muuuu como as demáis vacas! Axúdadesnos? Xa veredes que divertido é cantar e bailar connosco.
Se queredes coñecer mellor a Lola, tamén podedes velo seu conto, "A tola de Lola" , que é un dos contos que máis gusta aos nosos pequenos seguidores. O video de Lola está na nosa canle e podedes velo pinchando no enlace:
ua-cam.com/video/vm7iIRi_kAg/v-deo.html
Tanto o conto como a canción de Lola forman parte do espectáculo de Musicreques: "Contacontos Musicais". Para máis info:
musicreques.blogspot.com/p/contacontos-musicais.html
#UA-camiras
#UA-camiros
Se vos gustan os nosos videos, non esquezades darlle ao like!!
Переглядів: 1 524

Відео

A lanchiña do flamenco. Conto musical en galego
Переглядів 2,8 тис.4 роки тому
Por mor da chuvia a selva está chea de agua e hai moitos animais en problemas, mais o flamenco ten unha lanchiña e vai ao seu rescate. Queredes contar e cantar este conto de Musicreques? Poderedes coñecer unha morea de animais, contar de 1 ao 10 e descubrir se todos chegan sans e salvos ata terra firme. #youtubeiras #youtubeiros O conto de "A lanchiña do flamenco" é un dos contos pertencentes a...
Día da Nai
Переглядів 4904 роки тому
Homenaxe de Musicreques a tódalas nais, as que están e tamén as que xa non, polo Día da nai. Con texto dunha cantiga popular galega e música da "Mamá" de P. I. Tchaikovsky. MIÑA NAI, MIÑA NAICIÑA MIÑA NAI DO CORAZÓN QUE ME QUENTABA A CARIÑA CO CALORCIÑO DA SÚA. MIÑA NAI, MIÑA NAICIÑA MIÑA NAI DO CORAZON MOITAS NAIS HAI POLO MUNDO MAIS COMO A MIÑA NON.
O caracol viaxeiro. Conto musical en galego
Переглядів 5 тис.4 роки тому
Un caracol viaxeiro coñecerá animais do deserto, do ártico e da selva, mais será na fraga onde atopará novos amigos. Coa súa viaje poderemos gozar da fermosa música de Mozart e coñecer a fauna dos distintos habitats. Queredes coñecer o conto do caracol? Facédelo e despois compartide connosco os vosos animais preferidos! #youtubeiras #youtubeiros Este conto forma parte do espectáculo "Contaconto...
Ramona, a mosca lambona. Conto cantado en galego
Переглядів 14 тис.4 роки тому
Un divertido conto para bailar e cantar no que Ramona come e come sen parar unha enchenta de porcalladas toda a semana! mais Ramona non está a ter unha alimentación equilibrada e iso non é bo... 🤣🤣 Dádelle ao like e compartide!! #youtubeiras #youtubeiros O conto de "Ramona, a mosca lambona" é un dos contos incluídos no espectáculo "Contos do cão, da terra e do mar" que a compañía Musicreques le...
Canción do pitiño
Переглядів 1,9 тис.4 роки тому
Queredes cantar connosco? A canción/poema do pitiño fala de galos, galiñas e pitiños amarelos, e fixémola estes días pensando en todos ese pitiños que teñen que quedar na casa por mor do coronavirus. O estribillo vai no video para que vos sexa máis doado cantalo, mais se queredes ver a letra completa do poema podédela atopar a continuación. E xa sabedes... se vos gusta dádelle ao Like e compart...
A galiña Carmiña. Conto musical en galego
Переглядів 3,6 тис.4 роки тому
A galiña Carmiña está moi nerviosa, vai poñer un ovo por primeira vez e non sabe se o vai facer ben. Terá que facer o niño, coidar o ovo e defendelo dos perigos... Queredes saber que pasa co ovo e co raposo Sinforoso? #youtubeiras #youtubeiros Este sinxelo conto está pensado especialmente para bebés e nenos de 3 a 6 anos, mais gusta a pequenos e maiores pola historia, o uso dos monicreques e o ...
Canción do pitiño con introdución
Переглядів 2474 роки тому
Queredes cantar connosco? Velaí tedes a canción/poema do pitiño! Fala de galos, galiñas e pitiños amarelos, e fixémola estes días pensando en todos ese pitiños que teñen que quedar na casa por mor do coronavirus. O estribillo vai no video para que vos sexa máis doado cantalo, mais se queredes ver a letra completa do poema podédela atopar a continuación. E xa sabedes... se vos gusta dádelle ao L...
A mosca Ramona
Переглядів 4064 роки тому
Mirade como voa a mosca Ramona! Ramona é un dos monicreques do Contacontos de Musicreques “Contos e Música do ceo, da terra e do mar” que máis gustan ás crianzas. Será pola súa simpatía? Por ser unha lambona? Por estar todo o tempo a amolar? 😜 Para máis info pinchase neste enlace: musicreques.blogspot.com/p/contos-e-musica-do-cedo-da-terra-e-do.html?m=1
A chicharra Dora. Conto musical en galego
Переглядів 2 тис.5 років тому
Dora é unha chicharra cantora que ten problemas porque non a todo o mundo lle gusta oíla cantar. Atopará alguna solución? O conto da chicharra Dora é un dos contos en galego do espectáculo "Contacontos musicais" da compañía Musicreques. É un conto orixinal e con acompañamento de música ao piano en directo. A chicharra Dora é unha chicharra cantora a quen lle gusta moito cantar e iso lle vai tra...
A Tola de Lola. Conto musical en galego
Переглядів 11 тис.5 років тому
Lola é unha vaca leiteira que fai cousas que non adoitan facer as vacas e por iso din que está tola. Vós pensadas o mesmo? A tola de Lola é un dos contos en galego que a compañía Musicreques representa no seu espectáculo "Contacontos Musicais". É un conto orixinal e con acompañamento de música ao piano en directo. O conto trata dunha vaquiña tola que sempre está a pensar en como pode axudar, ma...
Musicreques. Contacontos Musicais
Переглядів 3985 років тому
Os Contacontos Musicais de Musicreques é un espectáculo no que se mestura a narración oral coa música en directo ao piano, así como tamén outros efectos sonoros realizados con instrumentos de pequena percusión, cancións, rimas, monicreques e ilustracións. Todo elo pensado para que os rapaces poidan participar activamente do espectáculo. Os contos, orixinais da compañía Musicreques, están escrit...
Musicreques. Presentación en La Voz de Galicia
Переглядів 3385 років тому
O 23 de Xaneiro de 2019 o xornal La Voz de Galicia sacou a Musicreques en portada na súa edición de Ferrol cun artigo de Beatriz Antón. Na versión dixital do artigo incluíron tamén un pequeno video de presentación da compañía Musicreques. Se queredes saber máis de nós podedes visitar o noso blog ou a nosa páxina de facebook: Musicreques/ musicreques.blogspot.com
Musicreques deséxavos un Feliz Nadal!
Переглядів 2135 років тому
Os monicreques de Iván, Quebranoces, a Fada de azucre, e o lobo gris deséxanvos un Feliz Nadal de parte de Musicreques. Se queredes saber máis sobre nós e coñecer mellor os nosos contos con monicreques pinchade nos seguintes enlaces: musicreques.blogspot.com Musicreques/
Musicreques. Quebranoces tenta decorar a árbore de Nadal
Переглядів 3255 років тому
O monicreques de Quebranoces quere axudar a Clara a decorar a árbore de Nadal mais as cousas complícanse e non vai quedar tan bonito como esperaban. Se queres saber máis destes simpáticos monicreques e coñecer o conto de "O Quebranoces" pincha nos seguintes enlaces: musicreques.blogspot.com/p/o-quebranoces-para-bebes.html (espectácuo para bebés) musicreques.blogspot.com/p/caracter.html (espectá...
Musicreques. Iván quere ir de festa!
Переглядів 4675 років тому
Musicreques. Iván quere ir de festa!
Musicreques. A bruxa Baba Iaga quérevos dicir algo!.
Переглядів 7065 років тому
Musicreques. A bruxa Baba Iaga quérevos dicir algo!.
Musicreques. O Quebranoces para bebés
Переглядів 8328 років тому
Musicreques. O Quebranoces para bebés
Musicreques. As aventuras de Quebranoces
Переглядів 6538 років тому
Musicreques. As aventuras de Quebranoces
As partes do corpo. Canción.
Переглядів 5 тис.9 років тому
As partes do corpo. Canción.
Musicreques. Conto cantado de Iván e o lobo gris
Переглядів 3389 років тому
Musicreques. Conto cantado de Iván e o lobo gris
Musicreques. Iván e o Lobo gris
Переглядів 7849 років тому
Musicreques. Iván e o Lobo gris
Musicreques. Fotos de As aventuras de Quebranoces
Переглядів 39411 років тому
Musicreques. Fotos de As aventuras de Quebranoces