Festa das Peras 2019. Saen os Mómaros. Pontedeume, GZ.

Поділитися
Вставка
  • Опубліковано 14 вер 2019
  • 1. Para todos os que se implican para manter viva esta tradición dando un paso adiante e asumindo responsabilidades, sin vós nada de isto sería posible. Sodes os imprescindibles.
    2. Tamén para aqueles que traballan para que poidamos disfrutar do patrón, tanto nos servizos públicos como na hostelería, pero especialmente a aqueles (moitas veces aquelas) que quedan na casa traballando para que todo esté perfecto cando se gardan os mómaros. Moitas Grazas. Vai por vós.
    3. Para os gaiteiros e os mómaros, polo voso entusiamo e implicación, pola ilusión e a arte que lle poñedes. Por ser auténticos. Por toda axuda e todo o cariño que me ofrecíchedes. Porque hai que ser moi cretino para pensar que podedes ser sustituidos por unha radio. Por todas as risas. Ós Rolling Stones, de ter estado en Pontedeume, non lles quedaría outra que agacharse cando tocades "Camposa".
    4. A toda a xente, foi moita, que ó longo destes días fixo que este currazo de tolos fora moito máis levadeiro.
    5. A todas as mulleres que como a mómara están orgullosas de selo e especialmente a Núria, para min a máis especial de todas elas.
    6. A música está interpretada polos Gaiteiros dos Mómaros, grabados ao aire cun micro mentras tocaban no "Abbey Picho Road" (máis road ca nunca 😂😂). Só por conservar a grabación xa pagou a pena todo o esforzo.
    7. Este vídeo non está patrocinado por "Estrella Galicia" (aínda que debería ;DD).
    8. Espero que vos guste, pero non esquezades que isto hai que vivilo en directo e non a través do You Tube.
    Vivan os Mómaros de Pontedeume os seus gaiteiros. E que vivan por sempre as festas das Peras.
    #OrgulloEumés.

КОМЕНТАРІ •