Radio BULEBULE

Поділитися
Вставка
  • Опубліковано 9 лис 2017
  • "Abre as orellas, palabras a voar
    saíndo pola antena, aterrando polo chan.
    O falar non ten cancelas, vai de aquí para acolá.
    Chega a radio falangueira que te vai facer pensar..."
    “Radio BULEBULE” é o novo traballo de Paco Nogueiras logo de “Brinca vai!” (III Premio Martín Códax da Música - Infantil). O medio radiofónico inspira as 12 cancións deste novo libro-cd-dvd no que volven participar o ilustrador David Pintor e José Miguel Sagüillo dirixindo os videoclips que, como novidade, forman unha curtametraxe.
    Os temas dispóñense ao xeito da grella de programación dunha peculiar emisora na que non faltan sintonía de entrada, axenda cultural, magazine de variedades tendencias, ciencia, natureza… , música, faladoiro, noticias, información deportiva e previsión meteorolóxica.
    Texto e música de PACO NOGUEIRAS
    Ilustracións de DAVID PINTOR
    Videoclips de JOSÉ MIGUEL SAGÜILLO
    Limiar de XURXO SOUTO
    Epílogo de PONTE... NAS ONDAS!
    Colaboracións dos xornalistas ANA ROMANÍ, XABIER FORTES, XOSÉ MANUEL PEREIRO, MARÍA XOSÉ RODRÍGUEZ, SUSANA PEDREIRA, TINO SANTIAGO, FERNANDA TABARÉS, AINHOA APESTEGUI, PABLO LAGO, HENRIQUE SANFIZ, MARÍA SOLAR e EMILIO ESPAÑADERO
    www.kalandraka.com/ga/
    www.kalandraka.com/ga/coleccio...
  • Розваги

КОМЕНТАРІ •