"Brinca Vai!": Meu o mundo é!

Поділитися
Вставка
  • Опубліковано 6 тра 2014
  • "Meu o mundo é!" é unha das 12 cancións incluídas no libro-cd-dvd "Brinca Vai!", composto e interpretado por Paco Nogueiras, con ilustracións de David Pintor e vídeos de Sr. Sagüillo.
    Cun amplo abano de ritmos dende o techno ao rock, pasando polo reggae ou a música electrónica este traballo publicado por KALANDRAKA pretende achegar a tradición á actualidade a través de estéticas contemporáneas. Son temas que figuran no currículo escolar: as estacións, a natureza, a lectura, a amizade, os xogos e as celebracións populares, festas como o Entroido, o Magosto, o Samaín ou o Nadal.
    "Meu o mundo é!", gravado en distintos espazos da cidade de Pontevedra coa colaboración de amigos e amigas, conta que a nosa lingua non ten límites, que todo é posible en galego: arte, música, teatro, cine, deporte, ciencia... ata explorar o espazo! As nosas palabras son fermosas, poderosas e expresan o que sentimos. Vive en galego, constrúe o teu mundo en galego!
    "En galego falo, en galego sinto,
    en galego canto, sabes que non minto.
    En galego todo podo facer,
    en galego estou no mundo...
    Meu o mundo é!
    En galego leo, en galego escribo,
    en galego bailo, sabes que non minto.
    En galego todo podo facer,
    en galego estou no mundo...
    Meu o mundo é!"
    [Retrouso de "Meu o mundo é!"]
    www.brincavai.com
    / brincavai

КОМЕНТАРІ • 9

  • @ritatraveso1
    @ritatraveso1 10 років тому +6

    Con esta canción medroume o orgullo de ser galego. ,beeeennn por elaaa..

  • @xenerosobos1
    @xenerosobos1 9 років тому +8

    Moitísimas grazas, Paco. Isto dános enerxías, ledicia e ideas para seguir desenvolvendo o noso labor. Que sigas durante moitos anos con esas ganas de vivir, de sorrir, de transmitir alegría, de crear...

  • @ManuelRCrespo
    @ManuelRCrespo 8 років тому +11

    Fermosa canción. En galego todo podo facer.

  • @xosepribus
    @xosepribus 7 років тому +7

    viva o galego sempre ¡¡¡¡¡¡

  • @mafermi5283
    @mafermi5283 7 років тому +4

    Este ano de curso foi o último no meu colexio... O ano que ven vou para o instituto... E hoxe, no día das letras galegas todos cantamos esta canción, non sabes o que te debo... Deberías de haber estado alí... Levamos 9 anos xuntos... E ahora que nos vamos separar... Esta canción vai ser un gran recordó, moitas grasas, encantame 😊

  • @paconogueirasnodar356
    @paconogueirasnodar356 10 років тому +11

    Noso o mundo é! (Non o esquezades)

  • @miroku-uq7or
    @miroku-uq7or 8 років тому +3

    jajajajaja me encanta

  • @canalartai
    @canalartai 8 років тому +6

    galegooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooo

  • @Hibiol-of-my-decay
    @Hibiol-of-my-decay 8 років тому +3

    :)