Alalá nº 117 "Dignas do Querer" -TVG

Поділитися
Вставка
  • Опубліковано 18 лют 2016
  • Visita a nosa canle: alala.crtvg.es
    Alalá nº 117 "Dignas do Querer" -TVG
    Emisión en Televisión de Galicia: 30/06/2009
    LUGAR DE GRAVACIÓN: PONTE CALDELAS, LAXOSO +
    Esta noite o programa Alalá achégase a Ponte Caldelas para estar con algunhas coñecidas nosas; as pandereteiras “Dignas do Querer”; elas e eles porque incorporaron algunha figura masculina. Teriamos moitas cousas que dicir destas mulleres, pero o mais salientable e a enerxía, ganas, paixón e amor que lle poñen á súa música, ás súas actuacións e cando van por aí ós seráns, rodeadas de xuventude, que é algo que as fascina.
    Para nós foi unha visita entrañable porque, como xa diciamos, a algunhas delas xa as coñecemos hai catro anos, cando estabamos comezando este ilusionante proxecto.
    Unha delas: Áurea Adán é como todas afirman a directora, a profesora, a representante, a amiga... en fin, unha figura imprescindible para as Dignas.
    Están encantadas porque acaban de cumprir un pequeno soño: ¡gravar un disco! Que foi algo que non esquecerán nunca. Non paran, alá onde as chaman van, tanto é así que chegaron ata Bruxelas; como elas dín, “o que non fixemos de novas estamolo a facer agora”.
    Aproveitando que estamos nesta zona de Ponte Caldelas falaremos tamén da emigración que aquí foi predominantemente ó Brasil; cando estivemos en Salvador de Bahía, atopamos unha chea de xente que marchou desta zona de Ponte Caldelas e da Lama, algúns non volveron nunca, outros veñen de cando en vez e algúns retornaron.
    Estes galegos que marcharon levaron a música e os oficios con eles, un dos mais importantes era o da cantería. Falaremos cun canteiro, amigo das mozas do grupo e recuperaremos o “verbo” deste gremio, a xerga que empregaban e que só eles entendían. ¡Que mágoa que hoxe xa non se saiba!.
    Contarannos como están agora, as sensacións que teñen co axetreo de gravar un disco; como a música serve de terapia cando un está enfermo e tamén poderemos escoitar as composicións de Áurea Adán, que non para de recordar, de inventar e de cantar.
    As Dignas do Querer esta noite vannos dar a receita cos seus e “tantos anos” da pócema da eterna xuventude.
    720p-

КОМЕНТАРІ • 20