A Xunta avanza na circunvalación sur de Ourense co inicio da información pública

Поділитися
Вставка
  • Опубліковано 1 жов 2024
  • Ourense, 25 de xuño de 2024.- A Xunta avanza na circunvalación sur de Ourense co inicio da información pública a efectos da lei de estradas e expropiatorios do tramo Bemposta - N-525.
    Martínez Allegue avanzou que unha vez aprobado o trazado, convocaranse os actos expropiatorios, pecharase o proxecto construtivo e poderase proceder a licitar a obra.
    Concretou que se prevén iniciar en 2026 os traballos, que terán un prazo de dous anos.
    A intervención iníciase na glorieta na que conflúen as estradas OU-105 e OU-510 e finaliza no enlace da N-525 e o ramal de acceso á A-52.
    O proxecto precisa de tres estruturas: un falso túnel onde pasa a liña de ADIF, un viaduto sobre o Río Barbaña e un paso superior que salva o acceso á EDAR San Cibrao.
    Destacou que a actuación suporá o acurtamento no percorrido ata a A-52, pasando de 7 minutos e 4,6 km entre Bemposta e a N-525 a pouco máis de 1 minuto e 1,7 km.
    Subliñou o reforzo da seguridade viaria ao restar tráfico do centro de Ourense, desconxestionando o tránsito de rúas como Marcelo Macías ou a Avenida de Zamora.
    👉Aquí a nova ao completo: www.xunta.gal/...
    Segueme
    ⚫X: / ilcanallarubens
    ⚫X: / icrphotographer
    🟣Twitch: / ilcanallarubens
    🟠Instagram: / icrphotographer

КОМЕНТАРІ •