A Variante de Alba arrasará o xardín de camelias de Rafael Pintos

Поділитися
Вставка
  • Опубліковано 15 лис 2024
  • PONTEVEDRA. Os veciños de Campañó e de Lérez continúan manifestando o seu malestar polo futuro trazado da Variante de Alba. O proxecto da Xunta de Galicia, que conectará a estrada de Vilagarcía coa de Santiago, afectará a centos de persoas que viven en ambas parroquias. Rafael Pintos é un dos veciños que podería ver como a futura vía atravesa o seu xardín de camelias.
    Anos de traballo e de ilusión tirados pola borda. Así é como se sinte este veciño de Campañó tras coñecer que a Variante de Alba pasará polo medio do seu xardín de camelias. Rafael Pintos quería que este espazo formase parte da ruta das camelias das Rías Baixas. Un proxecto co que leva moitos anos soñando e que cada vez parece máis difícil de levar a cabo.
    Rafael Pintos asegura que a Xunta de Galicia non contou en ningún momento coa opinión dos veciños de Campañó e de Lérez e defende que hai outras propostas moito máis viables que a elixida finalmente polo goberno autonómico.
    Este veciño asegura que tanto a parroquia de Campañó como a de Lérez seguirán mobilizándose ata que consigan que a Xunta de Galicia cambie o trazado da Variante de Alba.
    Rafael Pintos non está disposto a ver como a Xunta decide pechar este xardín cheo de traballo, de ganas e de ilusión.Por iso asegura que fará todo o posible para que estas camelias sigan florecendo e el poida seguir dedicando a súa vida á botánica.

КОМЕНТАРІ •