Ramón Caride Lula Blanco Interior dunha vila de Interior

Поділитися
Вставка
  • Опубліковано 14 жов 2024
  • Ramón Caride Ogando e Lula Blanco Prol recitan "Interior dunha vila de Interior" na I Mostra de "Versos a dúas voces" celebrado no Museo de Pontevedra o día 20 de marzo de 2024 coa colaboración do Ateneo de Pontevedra
    Interior dunha vila do interior
    I
    Ningún camiño leva alén dos nosos pasos.
    Percorremos as rúas da vila case sombra,
    as solainas ausentes, as paredes fundidas,
    os canastros combados, os arrumbados fornos,
    cando os ollos xa prenden nos sinais do abandono,
    nas trabes vencidas, nos ocos dos tellados
    nas estancias baldeiras, sen risos e sen falas
    sen quentura dos corpos.
    A nosa vila é un barco naufragado no tempo
    onde poucos subsisten na agarda da morte,
    todo é desolación, tristeza nesta choiva
    que esvara triunfante polas casas dos homes
    fuxidos para sempre nas lonxanas cidades.
    Retornamos ao lar abatidos e cansos,
    vagamundos e estraños na vila que foi nosa.
    Só nos restan as maos apertadas e tibias
    que procuran fundirse e espaventar o frío.
    III
    Nada morreu de todo mentres poida contarse
    como se as verbas fosen abrigos contra o mar,
    o tempo é un río vello verténdose sen volta
    na fervenza das horas en noites e feridas,
    só restan cicatrices nas pedras e nos corpos
    e silvas e codesos que dan conta das leiras.
    Perderanse as palabras como antes as paisaxes
    e as vilas serán ruínas sen memoria.
    Só o amor nos redime, eternos por un intre,
    felices como os deuses, virxes como a semente,
    fóra de nós e dentro, fóra do sol e a choiva,
    acendemos o lar, vasoiramos a cinza
    bicando a pel espida como quen ara a terra,
    como quen ergue os muros doutras arquitecturas
    que desafíen ao tempo, á soidade e ao esquezo.
    Amamos porque amar é loitar pola vida.
    Nas vilas que agonizan florecerán os beixos.
    Video Manolo Reboiras

КОМЕНТАРІ •