A Entrevista: Jaione Camborda

Поділитися
Вставка
  • Опубліковано 17 лис 2024
  • A guionista e directora de cine Jaione Camborda nace en Donostia en 1983 aínda que, desde 2010, vive e traballa en Galiza. A súa primeira longametraxe chámase Arima, premiada á mellor dirección no Festival de Cine de Sevilla. Coa segunda, O Corno, consegue a Cuncha de Ouro á mellor película no Festival Internacional de Cine de Donostia. É a primeira vez que se premia neste Festival un filme en lingua cooficial, neste caso, en lingua galega. Tamén é a primeira muller nada no Estado español que se fai coa Cuncha de Ouro.

КОМЕНТАРІ •