Maneo náufrago - Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre (Axúdame a sentir, 2024)

Поділитися
Вставка
  • Опубліковано 10 вер 2024
  • Maneo náufrago (Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre)
    Nin por saber que marchabas,
    nin por saber que partías
    cicatrizou a ferida.
    Buscareite na volta da noite;
    perdereime no medio do día;
    seguirei nas estrelas do ceo,
    as pegadas daquela alegría.
    E, se non atopara o camiño,
    beberei esta pena infinita,
    bailarei esta desesperanza
    sobre un campo con mil margaritas.
    Deixaches na miña porta
    doce cravos encarnados,
    regueinos cos mil penares
    que por ti teño chorado.
    Ai, agora vas polo mundo;
    ai, esfarelando as túas penas;
    ai, aprenderás para sempre:
    ai, non as fagas, non as temas.
    Ai, non as fagas non as temas;
    ai, non me veñas con tristezas;
    ai, do peito funte sacando,
    ai, tamén da miña cabeza.
    Pagarei a penitencia
    como náufrago perdido,
    as augas do mar maior
    pasarei arrepentido.

КОМЕНТАРІ •