Valse por Solmira da Cesteira, A Rúa-Gharghamala (Mondariz-PO)
Вставка
- Опубліковано 7 лют 2025
- Valse empregado para o baile nos seráns da Rúa, Gharghamala-Mondariz (Pontevedra, Gz). Gravada a Solmira Fernández "da Cesteira" en febreiro de 2020 na súa casa da Rúa. Arquivo Arredor da Tradición.
Cantighas que botou nesta ocasión:
Arriba, arriba, arriba
arriba, non podo máis-e
que me pican as areas, si, si, ai, ai
e os amores muito máis-e
Adiós ríos, adiós fuentes
adiós regatos pequenos
adiós vista dos meus ollos, si, si, ai, ai
hasta cuando nos veremos
Hei de facer unha ponte
aínda que sea de nogueira
para pasea-las mozas, si, si, ai, ai
da Rúa para A Toxeira
Miña nai pra me casare
prometeume tres ovellas
unha cega e outra coxa, si, si, ai, ai
e outra fáltanlle as orellas