Reconstruíndo a autoestima - O galego na Guarda

Поділитися
Вставка
  • Опубліковано 2 жов 2024
  • É o galego unha língua con futuro na Guarda?
    Os últimos datos sociolingüísticos alertan dun descenso de case un 50% de falantes de galego en apenas dúas xeracións en Galiza. Na Guarda, a caída é dun 26% nos últimos dez anos e, segundo os últimos datos, xa só o 60% dos residentes no Baixo Miño usan a nosa língua de forma habitual. Entre os/as adolescentes da Guarda, só un 20% declara falar galego acotío.
    Ante esta situación, no curso 2017/18, o Equipo de Normalización Lingüística da Sangriña decidiu elaborar, co alumnado de 3º da ESO, e baixo a coordinación de Denis Vicente e Menchu Costa, un documentario que ilustrase este lento mais continuado proceso de declive. Por que cada vez falamos menos galego? Somos conscientes as persoas da Guarda de que estamos a deixar morrer o noso maior patrimonio colectivo? Debemos facer algo para reverter esta situación?

КОМЕНТАРІ • 15

  • @mariagaliza7836
    @mariagaliza7836 5 років тому +6

    Creo que deberíamos defender a lingua como identidad da Nosa cultura,e verdade que fai anos moitos pais non querían que o seus fillos so falasen en castelan ,pero era un complexo da época..agora e tempo de defender a Nosa cultura e non se perda ,sentirse orgulloso de ser Galegos!!!

  • @leacarvalho3394
    @leacarvalho3394 4 роки тому +3

    O galego e falado por 280milhões de falantes em Brasil, Portugal, Angola, Moçambique e etc e uma língua mundial

    • @erikparker9448
      @erikparker9448 3 роки тому

      Tamén en México, saludos hermano,
      Eu aprendiendo a falar ó galego

  • @pastorhumbertocaetano3010
    @pastorhumbertocaetano3010 4 роки тому +2

    Lindo idioma

  • @erikparker9448
    @erikparker9448 3 роки тому

    Soy de México y en lo personal me enamoré de este idioma es muy bonito. Ojalá algún día pueda ir a galicia

  • @jairecagomes5886
    @jairecagomes5886 4 роки тому

    ¿Qué hermoso idioma es este, que conocí hoy?

  • @Pereirada_Costa
    @Pereirada_Costa 4 роки тому +2

    Castela continua a sua senda. Primeiro pela espada e agora pela submissão de culturas. "Não há machado que corte a raiz ao pensamento". Galiza sempre!

  • @JoseMartinez-vj6be
    @JoseMartinez-vj6be 4 роки тому

    03:04 ¿Só falan castelán os nativos de Castela? ¿Porqué ese alumnos deben integrarse ou expresarse na nosa lingua? ¿Só temos unha lingua? En fín....

  • @JoseMartinez-vj6be
    @JoseMartinez-vj6be 4 роки тому

    07:08 Unha víctima da L.O.E. No intre no que dí Galiza xa se sabe do pé que vai coxear e non falla. 1) A língua galega non é a creadora da nosa cultura nin das nosas costumes, e parte delas. 2) Cando o reino de Castela como tal finalizou o castelán com o lingua estaba aínda en proceso de formación. A ver como nos poideron impoñer algo que non existía. 3) O Galego non deixa de ser unha deformación dunha lingua imposta por xente de fóra cun orixe xeográfico moi lonxano... a xente desta zona aceptouna por que a percibiu como útil e renunciou a lingua propia que tiñan. 4) El robocop 5) El cruzaíto.

  • @JoseMartinez-vj6be
    @JoseMartinez-vj6be 4 роки тому

    08:15 Meter en cualquier tema á xente en dous bloques é unha simplonada difícil de superar, cousa que consegue e con creces na continuación da mesma frase ao afirmar que o único motivo polo que unha persoa pode falar Castelán en Galicia é por perxuizos co galego.

  • @JoseMartinez-vj6be
    @JoseMartinez-vj6be 4 роки тому

    11:35 1)A día de hoxe o que dá status cultural e falar galego normativo, si por riba lle pos palabras rebuscadas aínda mais 2)A xente dase de conta sí... pero a maioría deles non vén nisto unha cuestión de identidade senón de utilidade... o mesmo que lles pasou aos noso antergos cando se deron de bruces co latín e deixaron o que falaban hasta entonces.

  • @JoseMartinez-vj6be
    @JoseMartinez-vj6be 4 роки тому

    10:05 Pouco a pouco vaise invertindo o panorama e non é raro ver pitorreos de cara aos que falan castelán... neste video hai varios exemplos.

  • @JoseMartinez-vj6be
    @JoseMartinez-vj6be 4 роки тому

    10:30 Esta señora "non soporta" que un grupo de persoas entre eles non falen galego... Debe ser parente dos que antano "non soportaban" aos que non ían á misa.

  • @JoseMartinez-vj6be
    @JoseMartinez-vj6be 4 роки тому

    12:35 Confunde afear con prohibir. A lingua galega fora da administración nunca estivo prohibida, por iso os nosos avós nunca a deixaron de falar nin nunca tiveron medo de facelo. O de que foi prohibido é un mantra que aburre.

    • @tarafer3427
      @tarafer3427 Рік тому

      Viviches nunha cova todos estos anos? Ese argumento non o cres nin ti. Defende o bilingüismo e o que ti queiras, mais de aí a dicir que os nosos avós podían falar libremente en galego.... Con poucos vellos da época falaches... E poucos libros liches. Os galegos estamos acomplexados porque outra explicación non ten que non falemos a nosa propia lingua e defendamos o bilingüismo.
      Vivín moitos anos en Suíza... Alá teñen o seu propio idioma, o suizo-alemán. Ningún suízo se cuestiona sequera falar en suízo alemán fronte ó alemán porque teñen un respecto pola súa cultura, lingua e historia. E aínda que só se fala suizo-alemán alí, empregan a súa lingua en todas partes. Porque teñen unha identidade propia.
      En cambio, os galegos temos unha lingua que nos permite falar con moita máis xente de fala lusófona. É a nosa lingua e decidimos cagarnos nela non falando en galego e permitindo que cada vez se castelanice máis.
      Dende o meu punto de vista, por respecto e orgullo propio deberíamos falalo en Galiza sen pensalo.
      Tranquilo, que o castelán xa está por todos lados como o inglés. Ninguén morrerá sen falar castelán.
      Que a maioría dos rapaces de hoxe en día non falen galego non só é triste e unha falta de respecto ás nosas raíces, senón que nos fai máis parvos... Podendo falar unha lingua máis, por que non facelo?
      Non debería ninguén impoñer nada.... Debería saír de nós protexer o que só é noso... Non vai vir o madrileño a falar galego. Digo eu.