A FEGAMP achega as demandas e retos do municipalismo galego ao tecido empresarial coruñés
Вставка
- Опубліковано 4 лют 2025
- O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), Alberto Varela, interveu no Almorzo-coloquio organizado na Coruña por Nordés Club Empresarial e pola empresa tecnolóxica Radiospectrum, e presentado polos seus cuxos máximos responsables, Carlos López Navaza e José Antonio Ferreira Dapia, respectivamente.
O evento contou coa participación da alcaldesa da Coruña, Inés Rey, que precedeu na palabra a Alberto Varela, e coa asistencia da alcaldesa de Betanzos e vicepresidenta executiva da FEGAMP, María Barral, e do alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo.
Na súa intervención, o presidente da FEGAMP fixo un repaso ás principais demandas e retos do municipalismo galego, dende o financiamento local, a delimitación de competencias, a colaboración institucional, facendo fincapé na necesidade de axilizar e desburocratizar a xestión local e orientala á atracción da actividade económica e á colaboración público-privada.