O MAIO de Curros Enríquez

Поділитися
Вставка
  • Опубліковано 7 жов 2024
  • "O maio" é un dos poemas máis coñecidos de Curros Enríquez no que o poeta invoca unha primavera de liberdade e xustiza. Neste Primeiro de Maio tan diferente, o Consello da Cultura Galega (CCG) vén de xuntar nun proxecto celebrativo este poema reivindicativo de Curros coas novas voces da música galega. O resultado é un vídeo musical que mestura rumba con influencias da música tropical para dar a benvida ao mes de maio e, de paso, celebrar a vida cun alento solidario. Haberá mil primaveras máis!
    O MAIO
    Aquí vén o maio
    de flores cuberto...,
    puxéronse á porta
    cantándome os nenos;
    e os puchos furados
    pra min estendendo,
    pedíronme crocas
    dos meus castiñeiros.
    Pasai, rapaciños,
    calados e quedos;
    que o que é polo de hoxe
    que darvos non teño.
    Eu sónvo-lo pobre
    do pobo galego:
    pra min non hai maio,
    pra min sempre é inverno!...
    Cando eu me atopare
    de donos liberto
    e o pan non me quiten
    trabucos e préstimos,
    e coma os do abade
    florezan meus eidos,
    chegado haberá estonces
    o maio que eu quero...
    Queredes castañas
    dos meus castiñeiros?...
    Cantádeme un maio
    sen bruxas nin demos;
    un maio sen segas,
    usuras nin preitos,
    sen quintas, nin portas,
    nin foros, nin cregos.
    Autor: Curros Enríquez
    Produción do Consello da Cultura Galega
    Intérpretes:
    Pablo Lesuit, Faia Díaz, Narci Rodríguez, Najla Shami, Eladio Santos,
    Belem Tajes, Nastasia Zürcher, Leo Burke, Brais Morán, Yhadira, Xiana Lastra, Su Garrido e High Paw.
    Letra: Manuel Curros Enriquez.
    Composición musical: Nastasia Zürcher e Adrián Saavedra.
    Arranxo e Produción Musical: Adrián Saavedra.
    Montaxe de vídeo: Jairo Moreno.

КОМЕНТАРІ • 23

  • @anavalado6998
    @anavalado6998 4 роки тому +8

    Namorada desta canción!!! Noraboa a todas e todos!!!

  • @tiagoregueiraprado1378
    @tiagoregueiraprado1378 4 роки тому +4

    unha chulada

  • @milobiker69
    @milobiker69 4 роки тому +6

    Noraboa os Artistas pola Laboura...

  • @tamararodriguezrodriguez4274
    @tamararodriguezrodriguez4274 3 роки тому +3

    Bravísim@s!

  • @mariolaolaola23
    @mariolaolaola23 4 роки тому +6

    Fermosa❤Vivan os maios!🌺🌻🌼🌸

  • @JUSTMUSICO
    @JUSTMUSICO 4 роки тому +6

    Bonita versión.. Saludos desde Pontevedra 🙋

  • @susanalg9869
    @susanalg9869 4 роки тому +8

    🌼🍀🌼 Chegou Maio 💓😄💓 Muitas Felicidades a Adrián Saavedra e a Nastasia Zürcher pola coproducción musical do poema "O Maio" de Curros Enríquez e a Tod@s os Cantantes, Pablo Lesuit, FAIA, Narci Rodriguez, Najla Shami, Eladio Santos, Belém Tajes, Leo Burke , Brais Morán, Yhadira, Xiana Lastra, Su Garrido, High Paw, por crear e aportar esta fermosa Maxia consiguida coas vosas Voces Unidas. Entrou o Sol nos Corazóns e nas casiñas, Grazas !! e Grazas ao Consello Da Cultura Galega pola iniciativa 😍

  • @raquelrodriguezduduletz4452
    @raquelrodriguezduduletz4452 5 місяців тому +1

    ❤❤❤

  • @xoseramone6780
    @xoseramone6780 4 роки тому +5

    Lyrics of poem "O Maio", by Manuel Curros Enríquez
    THE MAY
    There comes the May
    With flowers covered
    Placed at the door
    Children singing to me
    Their holey bonnets
    Extending to me
    Asked me for chestnuts
    Of my chestnut trees
    Come in
    Little children
    Be silent and quiet
    That what's for today
    Nothing to give you I have
    I am the poor Galician people
    For me there is no May
    For me it's always winter
    When will I find myself
    Of landlords liberated
    And the bread not taken from me
    By blunderbusses and loans
    And like the abbot's ones
    My fields in bloom
    Arrived will be then
    The May that I want
    You want chestnuts
    Of my chestnut trees
    Sing me a May
    Without witches or demons
    A May without mowing
    Usury or lawsuits
    Properties or gates
    Jurisdictions or priests

  • @tiagocarrera3172
    @tiagocarrera3172 4 роки тому +3

    Nova Galizia

  • @fxbarcia
    @fxbarcia 4 роки тому +4

    Parabéns pola iniciativa. Unha suxestión: por que non poñedes subtítulos en galego??

  • @AlmaDaluz
    @AlmaDaluz 4 роки тому +3

    Qu iniciativa mais fermosa! Xenial!

  • @manuelferriopombo6311
    @manuelferriopombo6311 4 роки тому +1

    bon che lebar pra traa da palleira hahahaH

  • @tiagocarrera3172
    @tiagocarrera3172 4 роки тому +2

    Família sofre a 80 anos e só que voltar pra casa

  • @ramonmuxo8584
    @ramonmuxo8584 3 роки тому +1

    La letra no es "Aquí ven o maio" senón Ahí ven o maio

  • @tiagocarrera3172
    @tiagocarrera3172 4 роки тому +1

    1939

  • @tiagocarrera3172
    @tiagocarrera3172 4 роки тому +1

    Netos do ecillo de 1937 não tem nacionalidade

  • @iago_domiunguez301
    @iago_domiunguez301 4 роки тому

    Es mejor el de enrique

  • @DavidGomez-wi5ep
    @DavidGomez-wi5ep 4 роки тому +3

    Contento al ver que hacen su música (a mí no gusta, pero mi opinión es irrelevante:). Todo es genial mientras no cobren dinero público por ello, de lo contrario me parecería un escándalo.

    • @AlmudenaParrula
      @AlmudenaParrula 4 роки тому +3

      Pero cómo van a trabajar gratis... Si la institución, que tiene un presupuesto asignado, encargase un anuncio de televisión a una agencia, por ejemplo, en lugar de esta canción y este vídeo, ¿tú crees que esa agencia se lo iba a hacer sin cobrar? Componer y producir música es un trabajo, y ocupa muuuuchas horas.