Capítulo 1. Grandas de Salime - A Fonsagrada 🍂 O Camiño Primitivo

Поділитися
Вставка
  • Опубліковано 10 лют 2025
  • No primeiro capítulo desta serie explícase que é o Camiño Primitivo. Despois, móstrase a etapa que vai de Grandas de Salime, derradeiro tramo asturiano desta ruta xacobea, ata A Fonsagrada.
    Para rematar, na sección "Historias peregrinas", entrevístase a un peregrino inglés que escolleu esta vía de peregrinación para coñecerse a si mesmo.
    🔹 Dirección: Aitor Rei
    🔹 Produtora: Boneca Lareta e Protcomunicacion
    🔹 Colaboradores: Orgullo Galego, Política Lingüística, FondoXacobeo21
    🎥 Todos os vídeos da serie 👉 i.gal/primitivo
    Serie "O Camiño Primitivo"
    #ACulturaSegue #FondoXacobeo21 #OCamiñoPrimitivo

КОМЕНТАРІ • 18

  • @OrgulloGalego
    @OrgulloGalego  3 роки тому +3

    🎥 Todos os vídeos da serie 👉 i.gal/primitivo
    As redes da nosa comunidade:
    ❤️ Facebook 👉 facebook.com/orgullosergalego/
    💚 Instagram 👉 instagram.com/orgullo.galego/
    💛 Twitter 👉 twitter.com/OrgulloGalegoGz
    💙 Web 👉 orgullogalego.gal/
    💜 TikTok 👉 www.tiktok.com/@orgullogalego

    • @WE-007
      @WE-007 3 роки тому

      Grazas.

  • @KerjeanLopes
    @KerjeanLopes 3 роки тому +1

    Excelente vídeo Orgullo Galego. Parabéns!!
    As etapas de Oviedo a Grandas de Salime estão disponíveis também?

    • @OrgulloGalego
      @OrgulloGalego  3 роки тому +1

      Boas! Non, apenas temos do tramo que percorre a Galiza

  • @Tfk80
    @Tfk80 3 роки тому

    Un trabajo maravilloso! Parabéns!

  • @mariadevesa4430
    @mariadevesa4430 3 роки тому

    Estamos rodeados de beleza, de historia, de arte...ogallá poidamos saír axiña ao reencontro, completamente libres!!!
    Como me gusta o que facedes! Amosádesnos a cara máis fermosa deste noso Fogar de Breogán...
    Ai, esa musiquiña ...de onde sairía???
    Grazas!!!

    • @OrgulloGalego
      @OrgulloGalego  3 роки тому

      Non perdas os seguintes capítulos, son espectaculares!

  • @diegolorenzo9608
    @diegolorenzo9608 3 роки тому

    Parabéns polo traballo! Paréceme unha iniciativa espectacular. Desexando ver os seguintes capítulos.

    • @OrgulloGalego
      @OrgulloGalego  3 роки тому

      Graciñas!! Todos os luns ás 21h sairá un novo capítulo :)

  • @pabloperez1792
    @pabloperez1792 3 роки тому

    àmen.

  • @manuelgalan6711
    @manuelgalan6711 3 роки тому +1

    1:49 Aínda que actualmente non sexan lingua oficial, en 2007, no concello de Grandas de Salime aplicouse un decreto polo que se oficializaban os topónimos en eonaviego (considerado habitualmente un dialecto do galego, e aínda que non o consideredes, o galego parécese moito máis ao eonaviego ca o castelán). Por tanto, deberedes usar a forma lexítima Xestoselo no mapa e non a deturpada Gestoselo, xa que o mapa está en galego.

    • @manuelgalan6711
      @manuelgalan6711 3 роки тому

      O documento polo que se decreta a oficialidade de Xestoselo pódese ver aquí: sede.asturias.es/Asturias/descargas/toponimia/GRANDAS_DE_SALIME.pdf

    • @OrgulloGalego
      @OrgulloGalego  3 роки тому +1

      @@manuelgalan6711 Grazas pola info!

    • @txusvandeiken2827
      @txusvandeiken2827 3 роки тому

      Eonaviego é un xentilicio inventado polo galeguismo, concretamente polo profesor Xavier Frías Conde, polo tanto nunca se pode empregar como nome dunha lingua. É GALEGO e punto. E non é oficial, eses decretos son papel mollado e están moi deturpados.

    • @manuelgalan6711
      @manuelgalan6711 3 роки тому

      @@txusvandeiken2827 Equivócaste. Os topónimos son oficiais. A lingua non. O goberno autonómico o que non ten capacidade é para oficializar nomes de concellos, pero si para entidades menores, como é o caso. E cando estás escribindo en galego, o lóxico é utilizar os topónimos en galego, que son os que ademais usa a xente da zona, independentemente de que sexan oficiais ou non. No entanto, non hai un consenso total sobre se o galego-asturiano é a mesma lingua que o galego. Moitos filólogos asturianistas non o consideran. Pero a lingua non é unha ciencia exacta, xa que nin sequera definiu cientificamente o termo "idioma", así que calquera opinión sobre se A e B son ou non o mesmo idioma sen haber consenso ten que ser respectable.

  • @txusvandeiken2827
    @txusvandeiken2827 3 роки тому

    A ver se poñedes a toponimia EN GALEGO (vaia orgullo galego!!!). En Grandas de Salime tamén se fala GALEGO. Xestoselo, A Fana e xa o castro, El Chao de San Martín (e vós ides e poñédelo en asturiano!!).

    • @87GALIZAISNOTSPAIN
      @87GALIZAISNOTSPAIN 3 роки тому

      Boas Txus! Nós apenas somos o espazo de reproducción do documental, non é producido por Orgullo Galego polo que neste caso non temos que ver con iso. Recomendámosche que fales directamente con Boneca Lareta para poder correxilo de cara a futuros proxectos. Saúdos!