María e a curuxa - Xabier Díaz (Levantarse e caer, 2022)

Поділитися
Вставка
  • Опубліковано 10 вер 2024
  • María e a curuxa (Xabier Díaz)
    No piñeiro da cas da María
    hai unha curuxa, dorme polo día,
    vai de festa, cando morre o sol
    érguese do leito feito de herba mol.
    Vai ás presas porque quer bailar.
    A medio camiño, ponse a aturuxar.
    Un parrulo sopra na palleta,
    a señora garza vai na pandeireta.
    Xa dorme a cabuxa
    e tamén o esquío,
    érguese a curuxa
    e pon o seu vestido.
    Un vestido branco
    feito de algodón
    e unha chaquetilla
    de color marrón.
    Un esquío canta unha muiñeira,
    baila unha cabuxa, un pardal peteira.
    Calade todos, o sol xa marchou,
    María adormece, a festa rematou.

КОМЕНТАРІ • 4

  • @nuvico
    @nuvico 2 роки тому +2

    Me parece tan elegante y el vídeoclip muy chulo, la voz femenina también es una dulzura.
    Felicidades Xabier & company, no sé cómo lo haces pero te superas en cada trabajo tuyo ❤️

  • @piligonzalez4881
    @piligonzalez4881 2 роки тому

    Esperando ao 28.
    Botarei en falta bailar pero disfrutarei da dozura e a tenrura de este concerto 😍

  • @slooberorange4171
    @slooberorange4171 2 роки тому

    🎵🎶🎸💓💓💓

  • @laurabonissima
    @laurabonissima Рік тому

    Por favor letra original de ésta canción hermosa! Algo entiendo de Galego...pero hay palabras que no.... Se la canto a ni niña para despertarla todas las mañanas ❤🙏🏻