Proba do 'dron' da Estación Visual A Coruña

Поділитися
Вставка
  • Опубліковано 6 вер 2024
  • Fixemos un test co particular 'dron' da EV. A Coruña a través do tempo como nunca a viches
    Ademais, aqui podedes ler algunhas referencias do captado polo 'dron' en cada unha das épocas : )
    300.000 ANOS ATRÁS:
    Paisaxe de dunas eólicas durante unha fase glaciar, co mar retirado máis de 100 metros baixo o seu nivel medio actual
    120.000 ANOS ATRÁS:
    Probablemente o último período ata agora en que a cidade puido ser unha illa, durante o período interglaciar que precedeu ao actual. Aumento da temperatura media e da vexetación
    2.300 ANOS ATRÁS:
    Despois do interglaciar anterior o mal volveuse retiirar moitos metros. Ao volver subir, configurou unha paisaxe xa case recoñecible.
    SÉCULO II:
    A Torre de Hércules, Farum Brigantium, pouco despois da súa construción. Vemos tamén actividade porturaria o Imperio Romano, a vila romana do Cantón e outras construcións que coinciden coa posición dos restos atopados nas diversas escavacións arqueolóxicas ao longo do tempo
    SÉCULO IX:
    Un dos ataques viquingos que provocou o abandoo da vila de Faro e a retirada da poboación cara O Burgo.
    SÉCULO XIII:
    A cidade rexurde. A muralla do século XIII.
    SÉCULO XIV:
    Ampliación das murallas e os desaparecidos conventos de San Francisco e Santo Domingo
    SÉCULO XVIII:
    O Muíño Vello e dous muíños máis en Atocha-Santo Tomás. Tamén poden intuírse o cuartel de intendencia, a capela de San Amaro e fugazmente, a contraluz, a fortaleza de San Amaro.

КОМЕНТАРІ •