ESCORA 2024 RESUMO
Вставка
- Опубліковано 19 вер 2024
- RESUMO DE ESCORA 2024 🎉
Como cada ano, as compañeiras de CRU Producións fan poesía e o nivel de melancolía que conseguen é moi alto!
ESCORA é un proxecto de danza contemporánea, paisaxe, territorio e comunidade da Deputación da Coruña en consonancia con distintos concellos e asociacións da zona da Costa da Morte.
Nesta edición vivimos ESCORA en Zas, Camariñas, Mazaricos Corcubión e Carnota (na orde cronolóxica).
Grazas a tódalas artistas que deixaron súa pegada con tanto mimo.
A todos os Concellos que nos recibiron coas portas abertas. A toda esa veciñanza que arropou esta edición.
A tódalas asociacións, colectivos, grupos, que levantades e mantedes as vilas, pobos, parroquias, territorios vivos e activos. A maior admiración!
E toda a equipa que mantivéstedes isto a flote e que cada ano chegades con máis ilusión a ESCORA. Grazas
Que a danza vos acompañe sempre! 🌬️
#escora2024 #aculturaéundereito #danzacontemporanea #costadamorte #performance #artesescenicas #galicia