Sementando igualdade II no Carlos Casares. Muiñeira Feminista

Поділитися
Вставка
  • Опубліковано 24 лис 2020
  • Presentámosvos "A MUIÑEIRA FEMISTA", como resultado dos talleres "A Galicia feita por mulleres" realizados co alumnado de 5º e 6º de educación primaria co CEIP CARLOS CASARES.
    Actividade enmarcada dentro do Proxecto "SEMENTANDO IGUALDADE NO CARLOS CASARES" financiado pola Consellería de Emprego e Igualdade a través dos Fondos do Pacto de Estado contra a violencia de Xénero.
    Letra orixinal alumnado 5º e 6º de Primarira curso 2020/2021:
    As mulleres todas xuntas
    Loitaremos sen parar-e
    Para conseguir os soños
    Este mundo mellorar-e
    Vai o patio a bailar-e
    E a tocar nesta pista
    Aprendemos a cantar-e
    A muiñeira feminista
    Estas miñas compañeiras
    Apetecelles cantar-e
    Cero discriminación
    Unidas imos soñar-e
    Xuntas pola liberdade
    As mulleres van cantar-e
    Na rúa felicidade
    A bailar en igualdade
    Retrouso:
    Ai mandilín ai mandilón
    Imos xuntas a bailar o salón
    O salón si o salón non
    Imos armar unha revolución
    Moitas grazas ao Colexio en especial ás aulas e profesores de 5º e 6º de primaria.
    Moitas grazas ás músicas Daniela Sampayo e Paula Gómez, aos músicos Xan Pérez e Artur Puga. E moitas grazas a Álvaro Carballo no vídeo e son.
    Grazas Artur por todo.

КОМЕНТАРІ •