III Festa Amergin da Poesía Atlántica
Вставка
- Опубліковано 5 лют 2025
- O día 6 de xullo, desde as 21 h, xuntámonos na praia do Areal da Coruña (tamén chamada praia das Lapas) para pechar os actos que durante estas semanas realizamos dentro da III Festa Amergin da Poesía Atlántica, para establecer lazos de unión da literatura galega e a literatura irlandesa. Todos estes actos foron convocados pola AC Alexandre Bóveda, In Nave Civitas e Xuntas polas Artes, coa colaboración do Instituto Universitario de Estudos Irlandeses Amergin da UDC e a Torre de Hércules.
O poema fundacional da literatura irlandesa, Manifesto, ou canción, de Amergin (Song of Amergin), ten unha estreita relación con Galiza. Segundo a mitoloxía gaélica, Amergin, o seu autor, procedía do clan milesian de Breogan, os chamados Fillos de Mil ou Milesios, ligados a nosa cidade e aos nosos heroes mitolóxicos, como é o Breogán. Os Milesios, segundo a lenda recollida no Lebor Gabala (ou Libro das Invasións), datado no século XII, chegaron a Irlanda procedentes do noso país centos de anos antes da nosa era.
Presentaron e animaron esta festa Isabel Risco e contamos coa música de Xosé Manuel Sánchez Rei e Silvia Seixas, o grupo de Cantos na Taberna da AC Alexandre Bóveda e o músico Paco Campos. A poesía de Laura Rey Pasandin, Fernando Juan (Cone), Mercedes R. Bolaño, Rodrigo Osorio, Antom Laia, Moira Liddall, Sara e Teresa Ramiro.