As tribulacións dun galego na Galiza | Carlos Airas | LGx15

Поділитися
Вставка
  • Опубліковано 1 жов 2024
  • Intervención de Carlos Airas no LGx15 de 2023
    ---
    Carlos Airas conta a súa experiencia como emprendedor no ámbito cultural, con proxectos de librarías, editoriais, de xestión de eventos... Tamén compartiu a súa opinión sobre o futuro do galego e por onde cre que se debería camiñar.
    ---
    Nacido 1969 en Mugueimes (Muíños), é licenciado en Educación Física polo INEF Galicia. Até o ano 2009 traballou no mundo do deporte, principalmente na xestión deportiva por conta allea e nese mesmo ano monta, xunto con dous socios, unha empresa propia de xestión deportiva.
    Será a partir do ano 2010 cando dea o salto ao mundo da xestión cultural e dos libros con diferentes proxectos: Aira das Letras, Punto e Coma, Maruxairas (libraría de libros lidos), Aira Editorial, BenComún Espazo…
    Carlos defínese como especialista en consultoría para empresas e autónomos nas áreas de exploración de novos negocios, expansión comercial e análise de riscos, principalmente no sector deportivo e cultural.
    ---
    #LGx15. Ideas para o futuro da lingua | www.lgx15.gal | Teatro Principal | Pontevedra | 28 de outubro de 2023 | Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) | www.ctnl.gal
    ---
    Colaboracións: Secretaría Xeral de Política Lingüística | Concello de Pontevedra | Deleite | Fundación Galicia Sustentable

КОМЕНТАРІ •