Simposio Luísa Villalta | Letras Galegas 2024 | Miguel Anxo Fernán Vello
Вставка
- Опубліковано 10 лют 2025
- Miguel Anxo Fernán Vello participou na xornada de clausura do encontro dedicado á protagonista do Día das Letras Galegas 2024 cunha intervención titulada 'Cidade e poesía en Luísa Villalta'.
“Luísa Villalta, dona dun eu poético e dun eu existencial, acabará -como dicía Walter Benjamin de Baudelaire con respecto a París- por converter a cidade da Coruña, en toda a súa extensión, real e metafórica, en tema da súa lírica, sendo ademais que o alegórico figurativo, e o simbólico, pasarán a formar parte, en progresión ineludíbel, do ser da poeta e do ser da cidade”, sostén o poeta e editor de 'En concreto', o poemario de Villalta saído do prelo pouco despois do seu pasamento no ano 2004.
A Real Academia Galega celebrou o Simposio Luísa Villalta, do 19 ao 21 de novembro de 2024, co apoio da Xunta de Galicia, o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades e a Fundación Barrié, que acolleu o encontro.