Presentación 17º RIBEIRA SACRA 2018 -gal

Поділитися
Вставка
  • Опубліковано 6 лют 2025
  • O Festival 17° Ribeira Sacra celebra a súa segunda edición en 2018 e amplía a súa programación a dous fines de semana: 17° PAISAXE, do 27 ao 29 de xullo de 2018, e 17º PATRIMONIO, 4 e 5 de agosto.
    Coque Malla, Woods, Elvis Perkins, Morgan, Puerto Candelaria, Ten Fé, Freedonia, Mujeres!, Holly Miranda, Tulsa, De Vacas, Fuckaine, Gloria, Ghost Beast, Bifannah, Ses, Ele, Los Hermanos Cubero, Nastasia Zürcher, Mounqup.
    Regresa unha das citas musicais máis exclusivas do calendario estival que ten lugar nun marco natural de excepción, a Ribeira Sacra, considerada un dos segredos mellor gardados da Galicia interior. Tras o éxito da primeira edición, o Festival 17° Ribeira Sacra medra en 2018 con máis días, máis música, máis actividades e novos escenarios vinculados á riqueza natural e patrimonial do horizonte galego. O seu programa reunirá de novo concertos na natureza, catas de viños, directos en catamaráns e bodegas, visitas guiadas, roteiros, cociña de autor e moitas outras sorpresas.

КОМЕНТАРІ •