Sucasas. Camiño e mitoloxía

Поділитися
Вставка
  • Опубліковано 27 гру 2022
  • O Museo das Peregrinacións e de Santiago abre as súas salas para acoller a obra do célebre artista Alfonso Sucasas. A sinerxía producida entre a visión da arte contemporánea e o fenómeno xacobeo alcanzan a súa máxima expresión da man do pintor lalinense.
    «Sucasas. Camiño e Mitoloxía» está composta por unha coidada selección de 56 pezas que mostran a implicación do artista coa historia xacobea e o Camiño de Santiago. As obras expostas proceden principalmente do préstamo de S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, completando a serie con aportacións de coleccións particulares, da viuda do artista, do Parlamento de Galicia e da Casa de Galicia de Madrid.
    A exposición conta co selo de calidade, da especialista en arte contemporáneo, Pilar Corredoira, comisaria da mostra.

КОМЕНТАРІ •