Rois non cala contra a violencia de xénero. Vídeo institucional 25N do 2023

Поділитися
Вставка
  • Опубліковано 21 жов 2024
  • O Concello de Rois estreará este sábado 25 de novembro, Día contra a violencia de xénero, un vídeo institucional no que a veciñanza do municipio manifesta o seu rexeitamento á violencia contra as mulleres a anima a todas as persoas a denunciar as agresións das que poidan ser testemuñas. ‘Son de Rois e non calo’ volve ser, como en anos anteriores, o lema sobre o que se sustenta a campaña.
    O audiovisual de Rois incide desta volta en desbotar os estereotipos do amor romántico, dos celos e do control como mostra de interese por parte da parella, e recorda que “a violencia de xénero deixa marcas, anula as vítimas, estraga familias enteiras”.
    E precisamente, por iso, porque as protagonistas moitas veces non poden ou non son quen de alzarse contra o seu maltratador, no vídeo institucional pídeselle a veciñas e veciños que denuncien e tamén que acompañen sempre as vítimas sen xulgalas.
    Este apoio escenifícano uníndose sobre o escenario do auditorio municipal medio cento de roisenses pertencentes a varias organizacións sociais do municipio, como a Asociación de Amas de Casa de Rois, as asociacións de mulleres rurais de Urdilde e de Ermedelo, ou as ANPAS do CPI Os Dices, do CEIP Urdilde, e da escola infantil de Rois, ademais dos clubes de fútbol CD Rois e SD Urdilde.

КОМЕНТАРІ •