'Un país en 360' - Airiños de Caldelas

Поділитися
Вставка
  • Опубліковано 12 лис 2019
  • Vai collendo as lentes 3D! ;-)
    Se xa estás vendo este vídeo no móbil coas lentes 3D, non tes máis que:
    1. Poñer o vídeo a pantalla completa
    2. Darlle a reproducir
    3. Premer na icona das lentes para velo co formato axeitado
    4. Gozalo!
    Se o estás vendo no ordenador ou no móbil sen lentes, pon o vídeo a pantalla completa para achegarte un chisco máis á experiencia da realidade virtual.
    'Un país en 360' é o novo programa da Televisión de Galicia. Proximamente anunciaremos a data de estrea deste innovador espazo que se centrará en amosar o noso patrimonio dun xeito que nunca viramos.
    Percorreremos Galicia coa súa presentadora, Estíbaliz Veiga, de dous xeitos distintos e complementarios: a través do formato televisivo e a través de vídeos inmersivos na rede, que podedes desfrutar desde xa.
    Con esta unión entre o contido televisivo e o transmedia pretendemos vincular o patrimonio da nosa comunidade coas novas tecnoloxías. Os contidos culturais e naturais de Galicia serán abordados dun xeito actualizado, achegándoos aos novos modos nos que o goza a xente hoxe en día. 'Un país en 360' presentará toda a riqueza de recursos que xeran os grandes referentes do patrimonio cultural e natural de Galicia e poraos en valor.
  • Розваги

КОМЕНТАРІ •