Amancio Prada interpreta "Adiós ríos, adiós fontes"

Поділитися
Вставка
  • Опубліковано 14 жов 2024
  • Amancio Prada interpreta "Adiós ríos, adiós fontes"
    para o programa de TVG "No bico un cantar"
    PROGRAMA MONOGRÁFICO SOBRE A CANCIÓN
    www.crtvg.es/tv...
    Letra:
    Adiós ríos, adiós fontes
    Adiós ríos, adiós fontes
    adiós, regatos pequenos;
    adiós, vista dos meus ollos,
    non sei cándo nos veremos.
    Miña terra, miña terra,
    terra donde m’eu criei,
    hortiña que quero tanto,
    figueiriñas que prantei.
    Prados, ríos, arboredas,
    pinares que move o vento,
    paxariños piadores,
    casiña d’o meu contento.
    Muiño dos castañares,
    noites craras do luar,
    campaniñas timbradoiras
    da igrexiña do lugar.
    Amoriñas das silveiras
    que eu lle daba ó meu amor,
    camiñiños antre o millo,
    ¡adiós para sempre adiós!
    ¡Adiós, gloria! ¡Adiós, contento!
    ¡Deixo a casa onde nacín,
    deixo a aldea que conoso,
    por un mundo que non vin!
    Deixo amigos por extraños,
    deixo a veiga polo mar;
    deixo, en fin, canto ben quero…
    ¡quén puidera non deixar!
    […]
    Adiós, adiós, que me vou,
    herbiñas do camposanto,
    donde meu pai se enterrou,
    herbiñas que biquei tanto,
    terriña que nos criou.
    […]
    Xa se oien lonxe, moi lonxe,
    as campanas do pomar;
    para min, ¡ai!, coitadiño,
    nunca máis han de tocar.
    […]
    ¡Adiós tamén, queridiña…
    Adiós por sempre quizáis!…
    Dígoche este adiós chorando
    desde a beiriña do mar.
    Non me olvides, queridiña,
    si morro de soidás…
    tantas légoas mar adentro…
    ¡Miña casiña!, ¡meu lar!
    TRADUCIÓN AO ESPAÑOL:
    rosalia.gal/pl...

КОМЕНТАРІ • 2

  • @preacaininternational5637
    @preacaininternational5637 3 роки тому +1

    Mi encanta esta canción soy irlandés y mi encanta la musica de Galicia sois nuestros primos. Go hointeach sláinte

  • @yolandaalvarezpineiro2837
    @yolandaalvarezpineiro2837 3 роки тому +1

    Rosalía Castro, la gran desconocida fuera de Galicia. Esta canción es hermosa, nos transmite los sentimientos que tuvo cuando se fue para Madrid
    Amancio Prada la canta, como suya,pone alma y sentimiento🌹🌷💐🍀🌹👏👏👏👏👏