A Teteira de Kabul de Xarope Tulú_vídeo promo
Вставка
- Опубліковано 18 лис 2024
- A Teteira de Kabul é unha fermosa obra de teatro de obxectos e monicreques para público infantil e familiar de Xarope Tulú baseada no conto homónimo de Carolina Pujadas. Mina, a protagonista desta historia, ten que abandonar o seu fogar como consecuencia da guerra e emprende unha longa viaxe coa súa familia na que, a pesar das duras condicións, irá descubrindo a beleza do tránsito grazas ás historias que conta súa nai e que ela garda nunha teteira.
A dirección, creación e interpretación da obra é de Atenea García e Nicolás Zamorano, fundadores de Xarope Tulú. Esta nova proposta en coprodución con Asemblea de Cooperación pola Paz fala das vivencias das persoas que se ven na obriga de abandonar o seu fogar por causas forzosas a través de Mina, un personaxe inspirado na vida da escritora afgá Nadia Ghulam. A peza estreouse en abril de 2023 en Ames.
Creación e interpretación: Nicolás Zamorano e Atenea García
Dirección: Atenea García e Nicolás Zamorano
Adaptación do texto: Atenea García
Asistencia de dirección: Alba de Vales
Música orixinal: Nicolás Zamorano
Técnica de luces: Sol Álvarez
Asistencia na animación de monicreques: Alba de Vales
Vestiario: Núria Manzano
Fotografía e vídeo: Carlota Mosquera
Deseño do cartel: Pía Piadosa