MIEL - Me siento enamorada

Поділитися
Вставка
  • Опубліковано 4 жов 2024
  • Queridos amigos e amigas, ó remate desde día especial adicado a San Valentín, no que, a pesares das circunstancias que non podemos esquecer, celebramos a amizade, o cariño e o innato sentimento do amor verdadeiro, compartimos con todos e cada un de vos este precioso temiña do compositor Arturo Gulías, titulado “Me siento enamorada”, que conta, ademáis, con arranxos musicais do gran mestre da música galega Xoan M. Paradela e que está interpretado pola característica e inconfundible voz da nosa querida e estimada amiga MIEL, a cal abre o seu corazón a través de cada unha das verbas deste tema e deixa entrever o fondo da súa alma en cada unha das notas que interpreta, coma se dos latexos do seu propio corazón se tratasen.
    Aproveitamos esta ocasión para, da man dos que xestionamos este espacio público adicado á traxectoria profesional da nosa querida amiga Miel, transmitirvos a todos vos, no seu nome, os seus máis sinceros desexos de amor, amizade e cariño, que, sen dúbida, axudarannos a sacar forzas e afán positivo para saír desta situación na que estamos inmersos.
    En definitiva, amig@s, deixádevos querer, deixade querer e, sobre todo, namorarvos de tódolos xeitos que a Vida nos permite, sendo o principal o amor propio, o amor polos nosos achegados e, sen dúbida, o amor pola música, esa que fai que esquezamos por uns intres o mal que estamos a vivir ó noso arredor.
    MIEL-MILAGROS VILLANUEVA.

КОМЕНТАРІ •