DESFILE DA FESTA DO MONTE (1980)

Поділитися
Вставка
  • Опубліковано 19 тра 2013
  • Película familiar que filmou Enrique Barreiro sobre o Desfile da Festa do Monte en 1980. Un documento importantísimo porque podemos ver bandas hoxe desaparecidas e como outras cambiaron de vestimentas.
    Seguimos correxindo, seguimos facendo historia. Outro membro da Banda Negra datou mellor o presente vídeo. Pola vestimenda a raias da banda coméntanos que este vídeo unicamente pode ser do ano 1980. Este vídeo é un dos facilitados a Proxecto Socheo por Enrique Barreiros e onde nos suxería unha data concreta en 1976. Mais polo visto co anterior vídeo correxido sobre a Romaría da Festa do Monte (1978) vese que o seu autor visitou A Guarda e concretamente a Festa do Monte en polo menos dous anos distintos. O noso informante, que prefire permanecer no anonimato, descarta que estes vídeos podan ser do ano 1979 porque nesa edición non sairon as bandas mariñeiras por problemas xudiciais cun percance ocorrido na romaría do ano anterior. No vídeo (10:48) pódese ver unha serie de pancartas. Esta presenza pode ser debido a continuación das protestas do ano anterior ou que as imaxes do ano 1979 e 1980 estiveran mesturadas. Sabes algo deste conflicto?

КОМЕНТАРІ •