95 aniversario da escola Rosalía de Castro, Taragoña

Поділитися
Вставка
  • Опубліковано 28 чер 2024
  • Celebración do 95 aniversario da escola Rosalía de Castro coa participación de Julián Bustelo, Xosé Ramón Brea, Alfredo Susavila e Silvia Ferre e as pandereteiras da agrupación "Nunca é tarde".
    Grazas, pola súa implicación, ao Concello de Rianxo e á comunidade escolar do CRA de Rianxo, en especial ás familias da escola Rosalía.
    No ano 1923 veciños e veciñas na emigración fundaron en Bos Aires a "Sociedad Instructiva Pro-Escuelas Hijos de Taragoña en la República Argentina". En maio de 1929 organizaron na Arxentina un banquete para conmemorar o remate en Taragoña da obra da escola "Rosalía de Castro".
    O 95 aniversario da escola foi celebrado por toda a comunidade educativa do CRA de Rianxo.
    Música empregada no vídeo: Baiuca, Xosé Lois Romero e Aliboria - "Caroi" (Un país para escucharlo, RTVE Música).
    CRA de Rianxo, xuño de 2024.

КОМЕНТАРІ •