ALALÁ DE HERBÓN. Nelson Quinteiro e Brais González coa Banda de Música Municipal de Valga

Поділитися
Вставка
  • Опубліковано 21 жов 2024
  • A Banda de Música Municipal de Valga, con motivo do seu concerto de Nadal 2019, tivo a ben convidarnos, a Brais González e mais a Nelson Quinteiro para tocar con eles varios dos temas do noso novo disco "Músicas de Domingo".
    A versión sinfónica correu a conta de Iago Sobrino Martínez, e a dirección orquestal a cargo de Manuel Villar Touceda, alquimista, xenio, figura e coordinador deste equipo tan increíble como é a Banda de Música Municipal de Valga.
    A gravación e mestura de son correu por conta de Pixelecer Audiovisual, con Damián Pazos Otero á cabeza.
    O concerto tivo lugar no Auditorio Municipal de Valga, o 28 de decembro. Grazas a todas as músicas e músicos que aportaron o seu granciño de area e o seu talento musical, grazas ao numeroso púbico que se achegou até o Auditorio de Cordeiro, grazas a Manolo, pola súa inmensa personalidade e grazas a todas e todos que confiades e apoiades este proxecto musical.
    Agardamos que o desfrutedes!!!

КОМЕНТАРІ •