Acto de inauguración da Praza Pepe Domingo Castaño no municipio de Padrón

Поділитися
Вставка
  • Опубліковано 9 кві 2023
  • Padrón (A Coruña), 25 de marzo de 2023.- O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe a Pepe Domingo Castaño coma un dos principais embaixadores de Galicia fóra da Comunidade e “un monstro do xornalismo, da radio e de todo o que quixo facer” en España nas últimas décadas.
    Rueda, que participou na homenaxe de Padrón ao xornalista, onde se lle puxo o seu nome á praza do casco histórico na que xogaba de pequeno, resaltou que Castaño é un galego “orgulloso das súas raíces, facendo bandeira de onde é e do que sente” e que leva o nome de Galicia por todo o mundo ao presumir das bondades e atractivos da Comunidade sempre que ten ocasión. “Posúe esa mente aberta, esa forma de ser que engancha a todo o mundo e nunca se esquece de que é galego”, afirmou o presidente da Xunta.
    Ademais, o titular do Goberno galego gabou a profesionalidade de Castaño, quen acadou un estilo propio de narrar e retransmitir que fan que sexa recoñecido e apreciado por diferentes xeracións de radiooíntes. “É unha gran persoa e tamén un enorme profesional”, concluíu.

КОМЕНТАРІ •