Ezetaerre - As uvas da ira - Audio

Поділитися
Вставка
  • Опубліковано 14 жов 2024
  • Escóitao en: ffm.to/ezetaer...
    Contacto: contacto@ezetaerre.com
    Síguenos en:
    Facebook: / ezetaerre
    Instagram: / ezetaerre
    Twitter: / ezetaerre
    Gravado, mesturado e masterizado por Iago Pico en Pousada Son Studios.
    Letra por Garchu, Pirola e Petrowski.
    Instrumental por Petrowski.
    Scratches por That Bass.
    Trombón por Paula López.
    Trompeta por Alberto García.
    Vídeo por Petrowski.
    Letra:
    Os dez de Hollywood escriben o guión
    Que dirixe a nosa acción para un mundo mellor
    Porque aquí ninguén perde a ilusión
    De engraxar este motor coa suor do patrón
    Non, non vas parar a máquina
    Por ir de voluntario a algún país de África
    Maldita hipocrisía de europeo aburguesado
    Cazando likes en fotos cos máis necesitados
    As cartas sobre a mesa, pasamos de tapetes
    De billetes, de banquetes cas obreiras de xoguete
    Cando cese a súa festa e queiran espertar
    Estarán acurralados, enterrados no mar
    Medrará
    Nova vida nas ruínas
    O martelo ilumina esta noite
    Sementamos as uvas da ira
    Volverán
    Esgotarse as mentiras
    Na penumbra sacamos a fouce
    Recollemos as uvas da ira
    Tinguidas de suor, de sangue e máis de cuspe
    Medramos entre laios, entre sal i ferruxe
    Marcadas pola terra, polo mar e máis o fume
    Tomadas por lacaios, rexeitamos servidume
    Patrón é patrón, leve piercing ou smoking
    Mellor é morrer, máis que ficar inmóbil
    Máis que ficar un zombi, un escravo do sistema
    Que non busca solución, só é parte do problema
    Solta cabo, incha a vela, o vento sopra forte
    Que na ría xa se ve de novo ese horizonte
    Isto vai de vida, morte, pero noto nas miradas
    Toca xa vencer, xa volta a treboada
    Retrouso
    Andamos entre as sombras, vixías como gárgolas
    Contando mil naufraxios nun caderno de bitácora
    Escritos da diáspora, levanten as súas áncoras
    Temos a Pandora suxeitando a nosa ánfora
    Van soar na bruma rumores e murmurios
    Ocultos agardando, sincronizando os pulsos
    Verdugos do seu mundo, gardas dun novo rumbo
    Un anel de lume que os calcine cos seus xugos
    Tremerán ao vernos como co Burla Negra
    Sentirán as mans que coidaron das súas bestas
    Un himno de guerra que comeza coa contenda
    Fará brotar a paz nesta terra erma
    Retrouso
    #ezetaerre #polvoraetormenta

КОМЕНТАРІ • 7