APALPADORIÑOS. Nelson Quinteiro Producións

Поділитися
Вставка
  • Опубліковано 21 жов 2024
  • Unha grande produción de danza, música e teatro posible grazas ao apoio das subvencións ao Impulso de Sector Escénico Galego promovidas dende a Axencia Galega das Industrias Culturais AGADIC-Xunta de Galicia e coa colaboración do Excmo Concello de Poio, que apoiou o seu desenvolvemento mediante unha residencia artística e albergue para tres representacións no Centro Cultural Xaime Illa.
    En "Apalpadoriños" damos cita a un formidable elenco artístico formado por 11 artistas, entre músicos, actores, actrices e bailaríns, de cara a dar un novo pulo e adaptación COVID á nosa máis especial montaxe temática de Nadal destinada a toda a familia e que conta con versión de sala e de rúa, en formato itinerante.
    O acordeonista Álvaro Cardalda, o gaiteiro Iago Prieto, o percusionista e cantareiro Xan Pérez e o multiinstrumentista Nelson Quinteiro fan a banda sonora en directo para o espectáculo ao que se suman os bailaríns Iván Villar, María Cordeiro, Laura Casas, o actor e clown Iván Davila, a actriz Adela Bértolo, os portadores Yohel Santos e Manu Albariñas e a artista plástica Marta Quinteiro Villar.
    www.nelsonquin...

КОМЕНТАРІ •