Pandeireta afinable

Поділитися
Вставка
  • Опубліковано 22 жов 2024
  • A PANDEIRETA AFINABLE
    Acabamos de patentar (nº de rexistro 201800230) un modelo de pandeireta afinable que ten a virtude de que a pel se pode afrouxar ou apertar xirando as ferreñas, que á súa vez son perfectamente móviles. Así solucionamos o problema de ter que andar con chaves de ningún tipo e permite afinar a pandeireta entre peza e peza con moita facilidade, sen nen sequera ter que ollar para a pandeireta. Como podedes apreciar, a estética exterior é exactamente a mesma que a das pandeiretas tradicionais, pois conservala foi un dos nosos principais obcxectivos, e o peso case idéntico tamén. Podémola fabricar como no vídeo, é dicir en base ao modelo do Cego de Guillade, ou coas outras ferreñas que recuperamos da tradición.
    Poderédela ver e probar esta fin de semana en Pardiñas.
    Se queredes aínda menos influencia das condicións atmosféricas, tamén a podemos montar coa membrana sintética deseñada por Tomás Ageitos.

КОМЕНТАРІ •