Visita á Praza de Abastos de Pontevedra e a O Percebeiro S.L. (Galego)

Поділитися
Вставка
  • Опубліковано 22 сер 2024
  • Realizamos unha visita á Praza de Abastos de Pontevedra e á empresa O Percebeiro S.L. co alumnado do Obradoiro de Emprego de Hostalaría Cualifica II do Porriño.
    Percorremos a praza e falamos coas profesionais dos puntos de venda de peixes e mariscos. Tivemos oportunidade de ver in situ as características de frescura dos produtos do mar, e diferenciar especies similares entre sí. Tamén vimos a información que proporcionan as etiquetas de produto.
    A visita a O Percebeiro, S.L., entidade certificada por pescadeRías de onde se non? como depuradora, cetárea, distribuidor e transformador de produtos do mar da pesca artesanal galega, foi guiada pola súa responsable de Márketing, Montse Fernández. Na visita puidemos ver a recepción de produtos, as instalacións de depuración, cetárea e distribución. Amosáronos as distintas especies coas que estaban traballando, a clasificación de moluscos bivalvos, o etiquetado e a preparación de pedidos. Montse Fernández respondeu amablemente ás preguntas que xurdiron na visita.

КОМЕНТАРІ •