Masustegi, un barrio galego en Bilbao

Поділитися
Вставка
  • Опубліковано 15 жов 2024
  • Masustegi é un barrio galego de Bilbao. Desde o miradoiro que está o pe da igrexa pódese ollar a metrópole bilbaína e entender porque á capital de Bizkaia lle dan o nome de «Botxo».
    Masustegi está afincado nas ladeiras dos montes Cobetas e Caramelo que Gabriel Aresti inmortaliza nun poema segundo o cal quería queimar alí os seus títulos académicos foi construído polos emigrantes galegos a partires dos anos cincuenta levantando as casas unifamiliares coa axuda dos veciños.
    Nun acto de solidariedade colectiva sen precedentes entre os nosos compatriotas os recen chegados eran axudados por outros emigrantes xa afincados a levantar polas noites as casas e cando chegaba a mañá tiñan que ter o lousado feito e unha cama dentro para que o Axuntamento non puidera botalos fora, despois íana rematando e agrandando pouco a pouco segundo as posibilidades económicas.
    Así foron xurdindo unha morea de construcións galegas con influencias vascas as veces e un ordenamento parecido ao das nosas aldeas que se adaptan perfectamente ao terreo inclinado aproveitando o máximo o chan a base de socalcos que foron construíndo.

КОМЕНТАРІ •