Rosalía de Castro: Un repoludo gaiteiro (Pixán-Zabala)

Поділитися
Вставка
  • Опубліковано 5 вер 2024
  • Un repoludo gaiteiro.
    Texto de Rosalía de Castro. Música de Juan Durán.
    Joaquín Pixán, tenor. Alejandro Zabala, piano.
    Un repoludo gaiteiro,
    de pano sedán vestido,
    como un príncipe cumprido,
    cariñoso e falangueiro,
    antre os mozos o pirmeiro
    e nas siudades sin par,
    tiña costume en cantar
    aló pola mañanciña:
    -Con esta miña gaitiña
    ás nenas hei de engañar.
    Sempre pola vila entraba
    con aquél de señorío;
    sempre con poxante brío
    co tambor se acompasaba;
    e si na gaita sopraba,
    era tan dose soprar,
    que ben fixera en cantar
    aló pola mañanciña:
    -Con esta miña gaitiña
    ás nenas hei de engañar.
    Todas por el reloucaban,
    todas por el se morrían;
    si o tiñan cerca, sorrían;
    si o tiñan lonxe, choraban.
    ¡Mal pecado! Non coidaban
    que c'aquel seu frolear
    tiña costume en cantar
    aló pola mañanciña:
    -Con esta miña gaitiña
    ás nenas hei de engañar.
    Camiño da romería,
    debaixo dunha figueira,
    ¡cánta meniña solteira
    "Quérote", lle repetía...!
    I el ca gaita respondía
    por a todas emboucar,
    pois ben fixera en cantar
    aló pola mañanciña:
    -Con esta miña gaitiña
    ás nenas hei de engañar.
    Elas louquiñas bailaban
    e por xunta del corrían
    cegas..., cegas, que non vían
    as espiñas que as cercaban;
    probes palomas, buscaban
    a luz que as iba queimar,
    pois que el soupera cantar
    aló pola mañanciña:
    -Ò son da miña gaitiña
    ás nenas hei de engañar.
    Nas festas ¡cánto contento!
    ¡Canta risa nas fiadas!
    Todas, todas, namoradas,
    déranlle o seu pensamento.
    I el que, de amores sedento,
    quixo a todas engañar,
    cando as veu dimpóis chorar,
    cantaba nas mañanciñas:
    -Non sean elas toliñas:
    non veñan ó meu tocar.

КОМЕНТАРІ • 2

  • @musicjuanduran
    @musicjuanduran  10 років тому +4

    Un repoludo gaiteiro. Texto de Rosalía de Castro. Música de Juan Durán. Joaquín Pixán, tenor. Alejandro Zabala, piano.