TREIXADURA interperta "Lévame lévame"

Поділитися
Вставка
  • Опубліковано 16 кві 2020
  • TREIXADURA interperta "Lévame lévame" para o programa de TVG "NO BICO UN CANTAR"
    Ver programa:
    www.crtvg.es/tvg/a-carta/levam...
    O programa “No bico un cantar” achegarase este sábado a outra das cancións imprescindibles do noso repertorio popular: o “Lévame, lévame”, unha peza alegre que convida ao baile e ao canto colectivo. É especialmente popular no litoral das Rías Baixas e naceu nunha delas, na ría de Arousa, co título de “Muiñeira de Vilagarcía”. Semella que a compuxo Manuel Rey Posse, un polifacético artista desta vila, e que, nun primeiro momento, foi cantada polas mozas da Sección Feminina.
    A primeira gravación que se coñece do “Lévame” é a duns gaiteiros míticos: os Campaneiros de Vilagarcía. E Xoán Rubia foi un dos artistas que máis contribuíu á súa popularización, ao incluír a canción no disco “Cantares da miña terra”, que gravou en 1973 e que tivo unha enorme difusión.
    Desde aquelas primeiras gravacións de finais dos 60, grupos dos estilos máis diversos non deixaron de incluír este tema no seu repertorio. É perfecto para as corais. É tamén unha canción de festa que non deixaron pasar grupos e solistas do folk como as Cantadeiras do Berbés, A Roda, Suso Vaamonde ou Leilía. Ademais, é imprescindible no repertorio mariñeiro e de taberna, pero adáptase a todas as situacións e cada ano hai máis artistas que non se resisten a facer a súa versión.
    A historia do “Lévame” e o ambiente mariñeiro que a rodea serán os protagonistas desta nova edición do programa da TVG, onde os espectadores poderán escoitar versións de Treixadura, do gaiteiro Xavier Blanco, de Os Terribles de Arousa, de Guadi Galego e Paco Charlín, da Magnifique Bande dos Homes sen Medo, dos Vellos Ventos, do cuarteto Egeria de música clásica e dos mariñeiros da Illa de Arousa.
    Visita a nosa canle:
    alala.crtvg.es

КОМЕНТАРІ • 5

  • @lardanlardan4465
    @lardanlardan4465 3 роки тому +3

    Sedes extraordinarios un paisano de Lugo en Barcelona

  • @rosamarialabarta9548
    @rosamarialabarta9548 8 місяців тому

    Por el recuerdo de mi amor que amaba tanto a su tierra me parece maravillosa su musica y sus gentes

  • @mariadelcarmensuarezmaldon3414

    ¡FELICIDADES TREIXADURA,! NO ENTIENDO MUCHO EL CALEGO, PERO ME GUSTA MUCHO POR SU MÚSICA Y EL GRUPO TAN BIEN INTEGRADO QUE LO CONFORMA; DESDE GUADALAJARA JALISCO, MÉXICO !! ME GUSTA MUCHO A CORUÑA, Y DE HECHO MI FAMILIA Y MI ESPOSO Y YO HEMOS CONTEMPLADO COMPRAR UNA CASA CON UN TERRENITO, PARA UN HUERTITO, Y DE HECHO PENSAMOS EN BETANZOS..... SÓLO ESPERAMOS A QUE NUESTRO NIETECITO SALGA DE SU BACHILLERATO E IRÁN MI ESPOSO Y MI HIJO A BUSCAR SI ES POSIBLE PODER EMIGRAR PARA LA BELLA GALICIA, Y SI NO ES POSIBLE, PUES SENTIRÍAMOS MUCHO E IRÍAMOS A LA PEQUEÑA ANDORRA .......

  • @tereoteroanton9962
    @tereoteroanton9962 2 роки тому

    Lo hacen maravilloso 👏🏻👏🏻y lo mejor, LO DISFRUTÁIS ,BRAVO

  • @ricardotasende2335
    @ricardotasende2335 3 роки тому

    Son un grupo moi bo, pero como xa dixen ou dei a entender, sobra o curdion, moito meneo pero ningunhadozura, e amáis penso que desentona. Non o digo con acritud, e se falo mal cajome no que dixen. Saude