Unha recreación do discurso "Alba de gloria" de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao

Поділитися
Вставка
  • Опубліковано 5 лис 2024
  • O 25 de xullo de 1948 Castelao pronuncia o discurso Alba de Gloria no Teatro Arxentino, como colofón das Xornadas Galegas que organizara o Centro Galego de Bos Aires, causando un forte impacto na audiencia.
    “A alocución de don Alfonso R. Castelao, pola beleza da forma e pola fondura dos conceptos, cativou os asistentes a este gran acto que enchían toda a sala e que premiaron a disertación do Sr. Castelao con aplausos que o interromperon algúns instantes e que se fixeron máis extraordinarios ao finalizar o orador a súa Alba da Groria”.
    Galicia, Revista del Centro Gallego, nº 427. Agosto de 1948.
    Esta recreación do discurso foi producida para a exposición "Alba de Gloria. Unha experiencia", inaugurada na igrexa de San Domingos de Bonaval (Santiago de Compostela) o 7 de novembro de 2018. Nela, tentamos reproducir o ambiente da primeira lectura de Alba de Gloria e a emoción das súas palabras. Póñanse cómodos e gocen dunha das mellores pezas de oratoria en lingua galega.
    Voz: Alfonso Agra
    Edición de son: Pablo Barreiro
    Estudos de gravación: SDI Media
    Músicas: Alborada galega. Pascual Veiga. Real Filharmonía de Galicia. Himno galego. Eduardo Pondal e Pascual Veiga. Arranxos de Maximino Zumalave. Real Filharmonía de Galicia. O Invasor. Abraham Cupeiro. Exultet coeli curia (Canto plano) Códice Calixtino. O bosque máxico. Abraham Cupeiro. Tocata de corna. Abraham Cupeiro.

КОМЕНТАРІ •